InicioSucesosUnha explosión no porto deportivo de Ribadeo deixa dúas persoas feridas

Unha explosión no porto deportivo de Ribadeo deixa dúas persoas feridas

Publicada o

- Advertisement -

O porto deportivo de Porcillán, en Ribadeo, rexistrou unha explosión que deixou dúas persoas feridas, que foron evacuadas ao hospital da Mariña. Segundo informa o 112 Galicia, a explosión “produciuse, posiblemente, ao estalar o compresor de recheo das bombonas dos mergulladores nunha nave”.

O suceso ocorreu uns minutos despois das 16,00 horas deste xoves. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 de que escoitaran un estrondo moi forte nas proximidades do club náutico da localidade. Engadían que vían saír fume, pero non chamas por mor da explosión.

Foron avisados, entre outros, 061, Bombeiros de Barreiros, Policía Local, Garda Civil e as autoridades de Portos de Galicia.

ÚLTIMAS

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...

A Feira do Libro de Viveiro celebrarase do 13 ao 16 de agosto coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Feira...

Concurso de pesca xuvenil en Burela para achegar esta actividade recreativa aos máis novos

Burela celebrará o vindeiro sábado 22 de agosto o I Concurso de Pesca Xuvenil,...

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa Festa Normanda de Foz do 27 ao 30 de agosto

A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde na presentación do caetel, obra...