InicioOrientalRibadeoO PP de Ribadeo reclama a importancia da vila como porta de...

O PP de Ribadeo reclama a importancia da vila como porta de entrada do Camiño Norte e do Camiño a Vela

O deputado autonómico e voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, participou na recepción en Ribadeo aos peregrinos navegantes da VII Travesía O Camiño a vela.

Publicada o

- Advertisement -

O deputado autonómico do PP, Daniel Vega, sinalou que “o Camiño a vela cada día que pasa está máis de moda. Hoxe chega a Ribadeo a VII Travesía O Camiño a vela con 30 embarcacións e máis de 100 peregrinos navegantes franceses e españois que foron recibidos no Real Club Náutico de Ribadeo” despois de partir de La Rochelle (Francia) o 24 de xuño e recalar en portos do País Vasco, Cantabria e Asturias, explicou Daniel Vega. Esta travesía rematará o 14 de xullo coa última etapa a pé dende o último porto ata Santiago de Compostela.

O deputado autonómico e voceiro do Grupo Municipal Popular achegouse a darlle a benvida a Galicia aos participantes desta travesía e agarda que, posteriormente, “falen ben de Ribadeo tanto nos lugares que visiten coma nos seus lugares de orixe”.

A recepción incluíu degustación de produtos locais, de proximidade, co obxectivo de poñer en valor “o noso. Tamén presumiremos da música local que correrá a cargo da compositora e cantautora ribadense Carme Rodríguez”.

APOIO ÁS INICIATIVAS EN RIBADEO

Vega sinala que “o Camiño a vela é unha das formas de peregrinar máis antigas. Tendo en conta que aínda é descoñecido este tema, debemos impulsalo e traballar para que tamén o Camiño a vela sexa cada día máis coñecido”.

Nese sentido, convida a “aproveitar todos os recursos que ten Ribadeo que é porta de entrada a Galicia do Camiño Norte e tamén por mar. Hai que seguir traballando e apoiando as distintas iniciativas que beneficien ao noso pobo”.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...