InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo sinala que houbo recollida de lixo en Semana...

O Concello de Ribadeo sinala que houbo recollida de lixo en Semana Santa e critica os peches da planta de Sogama

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, apuntou que durante as datas de Semana Santa "vímonos indefensos porque se encheron os nosos camións de residuos,e agora veñen os do Partido Popular a criticarnos, pero primeiro deberían mirar o que pasa na planta de transferencia de residuos de Barreiros".

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, rexeita as críticas vertidas nas últimas horas polo grupo municipal do PP. O edil nacionalista subliña que durante a Semana Santa houbo servizo de limpeza viaria e recollida de lixo. Díaz Freije critica que a planta de transferencia de Sogama, situada en Barreiros, estivese pechada o día de Venres Santo e tamén o Domingo de Pascua e que o sábado so abrise durante cinco horas, creando así serias dificultades aos Concellos. Para o concelleiro ribadense a planta de Barreiros é insuficiente para a xestión do lixo que se xera na Mariña e fai unha chamada de atención para que isto non volva producirse.

Jorge Díaz manifestou: “desde o Concello de Ribadeo queremos aclarar e rexeitar rotundamente estas declaracións infundadas do PP, porque si houbo recollida de lixo e si se prestou servizo de limpeza todos os días da Semana Santa. Pero a planta de transferencia de residuos situada en Barreiros non prestou o servizo que debera ter e polo que cobra bastante, concretamente cerca de 60 euros (máis IVA) por tonelada a todos os Concellos da Mariña”.

O edil de Medio Ambiente cre que “non é xusto o que nos está a facer porque nunha Semana Santa como esta, que foi moi boa xa que viñeron milleiros e milleiros de persoas á Mariña, que visitaron Ribadeo e as nosas praias e estiveron nos nosos hoteis e nos demais establecementos hostaleiros, tanto bares como restaurantes, e nos nosos espazos. E vímonos indefensos porque se encheron os nosos camións de residuos, que tiveron que substituír á planta de transferencia de Barreiros porque o Venres Santo non estivo aberta, o sábado abriu 5 horas e o domingo volveu estar pechada. Vímonos indefensos porque tanto Ribadeo como as outras localidades da Mariña estaban ateigadas de xente”.

O concelleiro ribadense engadiu: “e agora veñen os do Partido Popular a criticarnos a xestión porque é moi fácil botarlle a culpa aos demais, pero primeiro deberían mirar o que pasa na planta de transferencia de residuos de Barreiros, que a día de hoxe é insuficiente. Simplemente serve para amontoar e esmagar os residuos e a día de hoxe non está á altura das circunstancias para o movemento de xestión de residuos que ten actualmente A Mariña. Polo tanto isto pode volver suceder porque agora estanse movendo moitas persoas na Mariña lucense. E concretamente Ribadeo é un punto estratéxico da comarca, igual que outras localidades, e queremos un servizo digno porque o pagamos moi duramente. Noutras autonomías os Concellos pagan bastante menos e teñen un servizo moito mellor”.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...