InicioOrientalRibadeoComezan as obras no Barrio de San Miguel en Ribadeo cunha duración...

Comezan as obras no Barrio de San Miguel en Ribadeo cunha duración estimada de dous meses

A concelleira de Obras, Mónica Freire, sinala que é un barrio que leva sen actualizar desde os anos 80.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo iniciou as obras de acondicionamento no barrio de San Miguel. Estes traballos supoñen un investimento de 46.000 euros e un prazo de execución de dous meses.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, lembrou que se recolleron moitas demandas da veciñanza desta área de Ribadeo e “sabemos que se trata dun barrio que leva sen actualizar desde os anos 80 e que estaba en mal estado, por iso entendemos que é prioritario actuar sobre este espazo”.

A edil ribadense dixo que “as actuacións que contempla este proxecto inclúen o aglomerado das vías deste barrio de San Miguel e da rúa Antonio Rodríguez Darriba, xunto coa colocación de mobiliario urbano (bancos e papeleiras)”.

As actuacións contemplan a mellora na sinalización horizontal e vertical e a humanización do espazo coa plantación de varias árbores. Acometerase tamén a ampliación do corredor lateral da rúa Antonio Rodríguez Darriba, aplicarase un rego de imprimación nos tramos asfaltados previo á capa de aglomerado asfáltico.

Mónica Freire considera que “estas actuacións servirán para mellorar esta zona xa que se trata dunha importante zona de paso cara ao Cargadeiro e cara a estrada do Faro e tamén para o porto”. E subliñou que “estas obras son a primeira fase das que se acometerán neste barrio, xa que xa se está traballando para poder actuar no resto”. A concelleira de Obras espera que “estes traballos, que se inician estes días, rematen a comezos do mes de decembro”.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...