InicioEconomíaO alcalde de Ribadeo expón as "fortalezas" do municipio para acoller a...

O alcalde de Ribadeo expón as “fortalezas” do municipio para acoller a fábrica de fibras téxtiles

Fernando Suárez remitiu senllos escritos aos consellos de administración da portuguesa Altri e a Impulsa Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, remitiu senllos escritos aos consellos de administración da portuguesa Altri e a Impulsa Galicia –a sociedade creada pola Xunta para fomentar proxectos que capten fondos europeos de reconstrución– para ofrecer o municipio como sede da futura fábrica de fibras téxtiles que se proxecta.

Nas súas misivas, o rexedor refírese a que contan cun moderno polígono industrial ao 20% da súa capacidade, así como á súa proximidade coa A-8, co porto comercial e coa liña do “decaído” tren de Feve, que “podería constituír un aliciente para o seu rexurdimento”. Precisamente, a pasada semana durante o debate do estado da autonomía, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que esta fábrica se instalará na provincia de Lugo.

“Somos coñecedores de que se abre unha oportunidade, aínda que non sabemos a día de hoxe se isto vai quedar nun globo sonda ou se realmente é unha aposta firme e coordinada entre os Gobernos do Estado e da Xunta para asignar unha parte importante destes fondos Next Generation, a través dunha iniciativa intelixente cuxo fío condutor é facer o circuíto completo e de valor desta gran masa forestal que temos nesta comarca”, explica.

Apunta que non se quere “entrar en competencia con ninguén”, senón que se expoñen as “fortalezas” de Ribadeo para poder acoller este proxecto na Mariña. Destaca que o municipio fai esta oferta “firme” con “honestidade” en busca de “sumar esforzos e sinerxías”.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...