InicioOrientalRibadeoDesfeitas na Atalaia e no Cargadoiro de Ribadeo polos botellóns dos últimos...

Desfeitas na Atalaia e no Cargadoiro de Ribadeo polos botellóns dos últimos días  

O concelleiro de Medio Ambiente pide a colaboración veciñal “para que si noutro momento se producen este tipo de feitos" se poñan en contacto coa Policía Local ou coa Garda Civil.

Publicada o

- Advertisement -

Os botellóns dos últimos días en Ribadeo deixaron como resultado varias desfeitas na zona da Atalaia e no Cargadoiro. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, lamenta o sucedido e agarda que estes feitos non volvan producirse.

Desfeitas no Cargadoiro, en Ribadeo, polos botellóns / Concello de Ribadeo

O edil ribadense contou que “a pasada fin de semana foron varios os danos ocasionados no Cargadoiro, lugar que é elixido moitas veces para a práctica do botellón. Varias luminarias apareceron rotas alí. E na madrugada do martes ao mércores as desfeitas tiveron lugar na zona da Atalaia, onde foron arrancadas e tiradas algunhas placas de granito. Estamos falando de danos dunha contía importante”.

Jorge Díaz destacou que “non se poden entender este tipo de comportamentos. En primeiro lugar hai que lembrar que os botellóns non están permitidos e en segundo lugar non chego a comprender como forma de diversión emprendela a golpes co mobiliario urbano, que pagamos todas e todos os ribadenses cos nosos impostos”.

Por iso, o concelleiro de Medio Ambiente pide a colaboración veciñal “para que si noutro momento se producen este tipo de feitos e alguén ve algo ou escoita algo que, por favor, de xeito inmediato se poñan en contacto coa Policía Local ou coa Garda Civil para dar canto antes con estes incívicos”.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...