InicioOrientalRibadeoMergulladores de Ribadeo recibirá á Virxe peregrina que chega de Éfeso

Mergulladores de Ribadeo recibirá á Virxe peregrina que chega de Éfeso

O Club de Actividades Subacuáticas de Ribadeo irmandará a súa Virxe coa que peregrina dende Zaragoza.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo prepárase para recibir a peregrinación “Madre Ven”, que vén dende Éfeso cunha Virxe María que recorre a Península Ibérica parando en diferentes santuarios. A imaxe chegou en avión a Zaragoza, dende onde emprendeu o camiño.

O Club de Actividades Subacuático Illa Pancha será o encargado de facer o recibimento da Virxe na tarde do 8 de xullo. En declaracións á Cadena Cope, o presidente do club, Chema Sanurjo, estima que a chegada ao asturense porto de Figueras será arredor das 17.00 horas. Dende alí, diferentes embarcacións acompañarán á Virxe ata o Porto de Ribadeo.

Ademais, en Ribadeo, os mergulladores do Club de Actividades Subacuáticas de Ribadeo irmandarán a súa Virxe coa que chega dende Éfeso. O club de mergullo ten unha virxe propia, que pasa o ano sumerxida na auga e sae polo día do Carme, patrona dos mariñeiros. Este ano adiántase a súa saída á superficie para irmandarse coa imaxe peregrina.

Chema Sanjurjo, en declaracións á Cope, apuntaba que será “unha celebración moi emotiva”, e que á peregrinación “Madre Ven” lle “parece un milagro, porque van sucedendo recibimentos moi bonitos cos que non contaban“.

Tras o acto no peirao de Porcillan de Ribadeo, subirán á virxe á Igrexa de Santa María do Campo, onde se levarán a cabo celebracións litúrxicas e seguirá a súa peregrinación por Galicia.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...