InicioPolíticaA Xunta investirá un millón na reparación da vía Reme-Vilamar

A Xunta investirá un millón na reparación da vía Reme-Vilamar

O Goberno galego prevé que as obras, que afectarán a 11,5 quilómetros da LU-133, empecen en xullo

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia licitou as obras de mellora na estrada de titularidade autonómica LU-133, que une as localidades de Reme (Ribadeo) e Vilamar (Barreiros). A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá preto dun millón de euros en mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación do tráfico nun treito que abrangue 11,5 quilómetros.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, prevé que os traballos comecen nos primeiros días do mes de xullo, e terán un prazo de execución de catro meses. En concreto, actuarase entre a glorieta de intersección coa LU-P-6103 a Trabada e a entrada de San Vicente (puntos quilométricos 6,640-14,300), e entre a conexión coa LU-P-5207 a Ribadeo e o final da estrada, que dá á N-640.

ACTUACIÓNS

As obras consistirán na reparación do pavimento deteriorado, na regularización do firme a base de aglomerado e na aplicación dunha nova capa de rodaxe, do mesmo material. Tamén se procederá á reposición da sinalización horizontal e á colocación de novos elementos reflectantes de seguridade e resaltos sonoros nas marcas viais que delimitan a calzada. Isidro Otero é a empresa adxudicataria das actuacións. Ademais, substituiranse as barreiras existentes e colocaranse outras novas noutros puntos do traxecto. A empresa encargada dos traballos é Isidro Otero.

ACTUACIÓNS ANTERIORES

Segundo a previsión da Xunta, logo das actuacións anteriores nesta estrada, en 2015 e 2016, o investimento global na vía achegarase aos 1,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Ana Pena, guía: “Recomendo visitar o interior da comarca, un lugar pouco coñecido”

-Como te iniciaches nesta actividade de organizar percorridos e rutas turísticas na Mariña? Estudei Turismo...

Accidente mortal en Ribadeo logo dun accidente múltiple entre catro vehículos

Un condutor faleceu na tarde-noite deste pasado xoves na localidade lucense de Ribadeo tras...

Detido un veciño de Foz que tiña unha orde de ingreso en prisión

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz sobre o que pesaba unha...

A Xunta cre que Alcoa non dixo “claramente” que non ía cumprir os compromisos do arranque e o Goberno confía en que se cumprirán

O conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González, non cre "que dixese claramente...