InicioOrientalRibadeoRibadeo incrementa a vixilancia contra actos vandálicos

Ribadeo incrementa a vixilancia contra actos vandálicos

Desde o Concello indican que “os espazos públicos son para o uso e disfrute de todas as veciñas e os veciños de Ribadeo e entre todos debemos coidalos"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo incrementará a vixilancia contra os actos vandálicos. Será con máis presenza da Policía Local na rúa e coa instalación de máis cámaras de seguridade.

Desde o Concello indican que “os espazos públicos son para o uso e disfrute de todas as veciñas e os veciños de Ribadeo e entre todos debemos coidalos. Non pode ser que se fagan pintadas como as rexistradas estes últimos días na pista multideporte ou nas inmediacións da praia das Catedrais. E tampouco pode ser que instalemos sinais informativas sobre a prohibición de estacionamento e acampada para as autocaravanas e que aparezan destrozadas, como ocorreu en Piñeira”.

E engaden: “as ordenanzas e as normativas están para seren cumpridas. En caso contrario as forzas e corpos de seguridade abrirán as dilixencias oportunas para esclarecer os feitos e procederemos a sancionar aos autores de todos estes actos vandálicos. Facemos unha chamada ao civismo e ao bo comportamento da veciñanza. Os espazos públicos son de todos e para todos e deben estar nas mellores condicións posibles. Causar destrozos ou facer pintadas non é o camiño”.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...