InicioOrientalRibadeoRibadeo mellorará a Rúa dos Galos cun convenio coa Xunta

Ribadeo mellorará a Rúa dos Galos cun convenio coa Xunta

O rexedor indicou que “nestes momentos estamos pendentes de que nos envíen o convenio, licitaremos e adxudicaremos nos próximos meses e empezarán as obras. É unha obra moi necesaria, unha obra fundamental nunha vía de comunicación que dá saída directamente á autovía e polo tanto para nós é moi importante”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo mellorará a rúa dos Galos grazas a un convenio coa Xunta de Galicia. O investimento ascenderá a máis de 92.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos xestionando e investindo para mellorar as nosas vías de comunicación, as nosas rúas e estamos facendo esa xestión necesaria. Nestes momentos acábannos de conceder un convenio de 92.597,48 euros para arranxar e investir na rúa dos Galos. Sabemos do seu estado lamentable, cando chegamos ao goberno xa estaba completamente desfeita, fomos xestionando inversión noutras rúas que tiñamos que priorizar e agora con esta subvención nos próximos meses empezarán as obras”.

O rexedor indicou que “nestes momentos estamos pendentes de que nos envíen o convenio, licitaremos e adxudicaremos nos próximos meses e empezarán as obras. É unha obra moi necesaria, unha obra fundamental nunha vía de comunicación que dá saída directamente á autovía e polo tanto para nós é moi importante”.

Vega subliñou: “estes 92.597,48 euros teñen un destino claro que é mellorar unha das rúas que estaban en peor estado e polo tanto melloraremos esta infraestrutura”.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...