InicioOrientalRibadeo'Preto de Ti' inicia as Charlas Sociosanitarias a partir do 10 de...

‘Preto de Ti’ inicia as Charlas Sociosanitarias a partir do 10 de novembro

A través destas sesións a veciñanza poderá ampliar os seus coñecementos sobre os principais factores de risco cardiovascular, como a diabetes, o colesterol elevado e a hipertensión arterial, así como aprender a identificar os síntomas de alarma dun infarto e coñecer as principais diferenzas entre un infarto e un ictus.

Publicada o

- Advertisement -

O programa municipal Preto de ti inicia o vindeiro 10 de novembro as súas charlas sociosanitarias coa sesión Coidando ao corazón, unha actividade centrada na importancia de adquirir hábitos de vida saudables para manter un corazón san e previr posibles problemas cardiovasculares.

A través destas sesións a veciñanza poderá ampliar os seus coñecementos sobre os principais factores de risco cardiovascular, como a diabetes, o colesterol elevado e a hipertensión arterial, así como aprender a identificar os síntomas de alarma dun infarto e coñecer as principais diferenzas entre un infarto e un ictus.

As charlas desenvolveranse cun enfoque dinámico, práctico e participativo, co obxectivo de achegar información útil e facilitar que as persoas asistentes incorporen pequenos cambios no seu día a día para coidar a súa saúde e reducir o risco de enfermidades.

A actividade está impartida por María Roel, enfermeira do Concello de Ribadeo, que será a encargada de transmitir os coñecementos e as recomendacións necesarias para promover o autocuidado, a prevención e a detección temperá de posibles problemas de saúde. Con esta actividade preténdese chegar a todas as parroquias do Concello de Ribadeo en diferentes horarios e días durante o mes de novembro.

Este ciclo dará comezo o 10 de novembro ás 18:00 horas en Vilaselán e seguirá o día 11 ás 16:45 horas en Rinlo, o 16 de novembro ás 16:15 horas en Cinxe, o día 17 ás 10 da mañá na Devesa, tamén o 17 ás 16:15 horas en Vilaframil, o 19 de novembro ás 16:15 horas en Cedofeita, o día 20 ás 11:30 horas en Couxela, o día 24 ás 16:30 horas en Arante e o 25 de novembro ás 18:30 horas en Ribadeo.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, anima a toda a veciñanza a participar nestas actividades e lembra a importancia de dedicarlle tempo ao coidado persoal: “a saúde é o máis importante que temos e a prevención é fundamental para evitar problemas maiores. Con iniciativas como esta queremos achegar información, resolver dúbidas e ofrecer ferramentas prácticas para que todas as persoas poidan coidarse mellor”.

A edil ribadense subliña que “estas charlas forman parte do compromiso municipal coa promoción da saúde, a prevención das enfermidades e a mellora da calidade de vida da cidadanía, apostando por actividades próximas, accesibles e adaptadas ás necesidades da veciñanza”.

ÚLTIMAS

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...

Melloras no centro de día residencia en Cervo por case 50.000 euros

  O Concello de Cervo iniciou unha nova actuación de acondicionamento e renovación interior no...