InicioOrientalRibadeoXornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo entre o 23 e o 25 de...

Xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo entre o 23 e o 25 de outubro

Segundo explica a presidenta de Acisa: “desde Acisa unímonos á campaña de dinamización comercial que a Federación de Comercio de Lugo xunto coa Deputación lucense organizaron do 20 de outubro ao 30 de novembro"

Publicada o

- Advertisement -

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, sinala que “todo está listo para as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 23 ao 25 de outubro, como actividade dinamizadora da nosa hostalaría. Con esta iniciativa, que chega á súa novena edición, queremos render homenaxe ás nosas veciñas e veciños asturianos, que moitas fins de semana do ano se achegan a Ribadeo a tomar os viños e os vermús, a comer, a cea, a pasear ou a comprar no comercio local”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ribadense, Jesús Pérez, indica que “nesta ocasión son 19 os locais participantes, que ofrecerán tapas e menús con propostas típicas da gastronomía asturiana esta fin de semana. As diferentes elaboracións poderán atoparse en A Horta de San Roque, O Furancho, O Indiano, Mar de Rinlo, La Quinta, O Lar de Manolo, O Lar de Carmiña, Kummel, Aware Café, Mareta, Galipizza, El Huerto, Queimada, La Flor de Jose, El Rincón del Gordo, San Miguel, La Solana, parrillada Santa Cruz e Náutico”.

Pérez Prada explica que “as preparacións que ofrecerá cada un dos locais participantes poderán consultarse nas redes sociais de Acisa. Haberá diversas elaboracións que usan como base as fabas (con ameixas, con calamares, con cogomelos, en fabada, etc…), diferentes variedades de cachopos, racións, menús ou tapas especiais, hai máis de 50 propostas diferentes”.

Cruzado Iglesias anima a acudir a esta nova proposta gastronómica de Acisa: “queremos animar a asturianos e galegos a que fagan un oco nas súas axendas para achegarse a Ribadeo do 23 ao 25 de outubro. Calquera momento é bo para vir a Ribadeo, pero se aos nosos atractivos turísticos e comerciais lle engadimos a exquisita gastronomía asturiana estamos ante a fin de semana idónea para gozar do outono ribadense”.

Gran sorteo do pequeno comercio

Segundo explica a presidenta de Acisa: “desde Acisa unímonos á campaña de dinamización comercial que a Federación de Comercio de Lugo xunto coa Deputación lucense organizaron do 20 de outubro ao 30 de novembro. Na mesma sortéase un coche. Animamos aos clientes dos comercios asociados a Acisa Ribadeo a rexistrar as súas compras, superiores a 10 euros, na web www.sorteocomercio.es/coche para poder participar en dito sorteo. E animamos tamén aos nosos asociados a dar a coñecer a actividade, xa que cremos que se trata dun atractivo premio”.

ÚLTIMAS

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...

Melloras no centro de día residencia en Cervo por case 50.000 euros

  O Concello de Cervo iniciou unha nova actuación de acondicionamento e renovación interior no...