Cinco mulleres son as gañadores da campaña da Volta ao Cole da FCAM. O sorteo tivo lugar nas últimas horas e o vídeo xa pode verse nas redes sociais de A Mariña Federación.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “a cada tícket enviado ao correo electrónico de A Mariña Federación ao longo de todo o mes de setembro lle foi asignado un número por orden de recepción ou chegada. Todos os números foron introducidos nunha urna e os extraídos e premiados son o 135, o 3, o 110, o 10 e o 13”.
O número 135 foi por unha compra realizada en Mimimó en Viveiro por Margarita; o 3 correspondeu a unha adquisición feita en O Bispo Roupa na Pontenova por Vanesa; o 110 foi por unha compra en Librería Nobel en Burela por Paula; o 10 por unha en Telbar na Pontenova por Carmen; e o 13 foi por unha compra feita tamén en O Bispo Roupa na Pontenova por Julieth.
Cruzado Iglesias felicitou ás afortunadas que “recibirán 100 euros en vales de compra cada unha para consumir nos negocios asociados á FCAM. Grazas por confiar no comercio local durante o mes de setembro e por participar na nosa campaña da Volta ao Cole”.
