InicioOrientalRibadeoO II Half Triatlón Ribadeo listo para este sábado 5 de setembro

O II Half Triatlón Ribadeo listo para este sábado 5 de setembro

O estadio municipal Pepe Barrera acollerá este domingo, día 6, ás 18:00 horas o Trofeo de Fútbol Festas Patronais que disputarán o Ribadeo FC e o CF Cire de Melide.

Publicada o

- Advertisement -

Todo está listo para o II Half Triatlón Ribadeo, que terá lugar este sábado, 5 de setembro. No evento participarán arrefor de 250 deportistas. Está organizado por Laetus Sport e conta coa colaboración do Concello ribadense.

Segundo explican os organizadores: “trátase dunha proba de carácter nacional puntuable para o ranking nacional de media e longa distancia e na que se disputará tamén o campionato galego nas modalidades Half Aquabike e Half Triatlón”.

A proba dará comezo na praia dos Bloques cun percorrido de natación de 1.000 metros para a distancia Short e 2.000 para a distancia Half, despois terá lugar un percorrido ciclista de 40 quilómetros e unha carreira a pé duns 10 quilómetros. Toda a información está dispoñible na páxina oficial www.halftriatlonribadeo.com

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “esta proba está considerada un dos maiores expoñentes de turismo deportivo, xa que a maioría dos Half Triatlón que se celebran en España, unha vez consolidados, superan os 500 participantes. Son deportistas que acostuman a viaxar en familia e a permanecer na localidade un par de días, co que iso supón para os negocios e para economía local”.

O II Half Triatlón ocasionará diferentes modificacións no tráfico rodado ao longo de todo o sábado: “pedimos a veciñanza e visitantes que estean atentos ás sinais e ás indicacións da Policía Local, de Protección Civil e dos voluntarios e voluntarias que colaboran con este evento”.

No Concello déronse cita o alcalde, Dani Vega, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e Víctor Martínez, xerente de Laetus Sport.

TROFEO FESTAS PATRONAIS

O estadio municipal Pepe Barrera acollerá este domingo, día 6, ás 18:00 horas o Trofeo de Fútbol Festas Patronais que disputarán o Ribadeo FC e o CF Cire de Melide.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “este fin de semana, el domingo a las 6 de la tarde, en el estadio municipal Pepe Barrera, tendremos la cuadragésimo tercera edición del Trofeo Festas Patronais. Para el Concello es un honor que este Trofeo tan longevo se siga celebrando de la mano, eso sí, de la Comisión de Fiestas de Ribadeo”.

E explicou que “en esta ocasión el Ribadeo FC se medirá al Cire de Melide, uno de los aspirantes al ascenso a la división preferente del fútbol gallego. Estamos muy orgullosos de poder disfrutar de este trofeo Festas Patronais y os esperamos a todos en el estadio Pepe Barrera”.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...