InicioOrientalRibadeoIncendio nunha vivenda de Ribadeo sen que houbese persoas feridas nin afectadas

Incendio nunha vivenda de Ribadeo sen que houbese persoas feridas nin afectadas

Un particular avisou arredor das 11.40 de que vía lume saír de dúas fiestras dun piso situado num edificio de seis plantas fronte á Praza de Abastos de Ribadeo, fronte ao Hotel Bouza

Publicada o

- Advertisement -

Unha vivenda de Ribadeo sufriu un incendio que se orixinou posiblemente nunha manta eléctrica. Neste caso non houbo persoas feridas nin afectadas.

Segundo expuxo o 112, os Bombeiros de Barreiros explicaron que a causa do incendio foi unha manta eléctrica que calcinou por completo o salón, mentres que o resto da vivenda quedou afectado polo fume.

Un particular avisou arredor das 11.40 de que vía lume saír de dúas fiestras dun piso situado num edificio de seis plantas fronte á Praza de Abastos de Ribadeo, fronte ao Hotel Bouza. Non foi o único, xa que outros alertantes indicaron que as persianas da vivenda estaban queimadas.

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Barreiros, a Garda Civil e a Policía Local. Ademais, informouse dos feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención, así como aos Bombeiros de Viveiro, ao persoal provincial de incendios e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Finalmente, unha vez no lugar, os Bombeiros comunicaron que extinguiran o lume, que puido orixinarse noutra manta eléctrica situada no salón. A estancia quedou calcinada e o resto do piso resultou afectado polo fume.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...