InicioOrientalRibadeoRibadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, considera que “os pasos son moi importantes os que se están dando e neste obxectivo é no que estamos traballando, dando pasos para ter esas trescentas vivendas canto antes mellor”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a traballar conxuntamente para construír 300 vivendas en Ribadeo. Evidentemente toda a tramitación administrativa que se está dando, e nestes momentos a Xunta xa recibe sete ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver todo este proxecto das 300 vivendas”.

O rexedor subliñou que “este PIA permitirá urbanizar toda esta zona. O proxecto denominase Sud-R2 e conta cunha superficie aproximada de 7,6 hectáreas. O contrato licitouse por 250.000 euros e polo tanto en setembro, máis ou menos, adxudicarase á empresa que resulte a que mellor oferta presentou”.

Vega indicou: “seguimos dando pasos. É verdade que estes primeiros non se ven porque hai tramitación administrativa, todo son redaccións de proxectos, pero o obxectivo é claro, construír vivenda en Ribadeo. Por certo, o proxecto de 300 vivendas é único en Galicia dentro das poboacións de 10.000 habitantes. O que se conseguiu é moi importante, é incrementar o parque de vivenda en Ribadeo. Estamos a falar de 300 mais. Estamos falando de que podemos ter 1000 habitantes mais en Ribadeo”.

Para o equipo de goberno ribadense “isto creo que é un reto que nos puxemos nestes anos e conseguimos construír vivenda, que é como se solucionan os problemas, facendo modificacións urbanísticas para que se poida construír e tamén a Xunta e o Concello dar un paso e dar unha resposta a esa vivenda con prezo taxado e facela máis asequible”.

O alcalde considera que “os pasos son moi importantes os que se están dando e neste obxectivo é no que estamos traballando, dando pasos para ter esas trescentas vivendas canto antes mellor”.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...