Ribadeo acolleu a presentación oficial dos trofeos Emma Cuervo masculino e feminino. Asistiron Daniel Vega (Alcalde Ribadeo), Francisco Silvent (Concelleiro de Deportes Concello de Ribadeo), Begoña Sanjurjo (Concelleira de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade Concello de Ribadeo), Manuel Otero (Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo) e Valentin Coto (Presidente Ribadeo FC).
Lembramos que o Emma Cuervo Feminino, que alcanza xa a súa VI Edición, celebrarase o Venres 07 de Agosto de 2026 ás 19:00h no Campo Municipal Pepe Barrera (Ribadeo) entre os equipos Real Club Deportivo da Coruña e Real Sporting de Gijon.
As entradas, que se poderán adquirir en billeteira o día de partido, serán:
-
Adultos (+15 anos): 10€
-
Infantil (8-15 anos): 5€
-
0-7 anos: Gratis
O Emma Cuervo Masculino, que alcanza xa a súa LXX edición, celebrarase o Xoves 13 de Agosto de 2026 ás 19:00h no Campo Municipal Pepe Barrera (Ribadeo) entre os equipos Racing Club de Ferrol e Real Avilés Industrial.
As entradas, que se poderán adquirir en billeteira o día de partido, serán:
-
Adultos (+15 anos): 15€
-
Infantil (8-15 anos): 5€
-
0-7 anos: Gratis
TROFEO FEIRACO
Tamén este mércores foi a presentación oficial do Trofeo Feiraco. Asistiron Valentin Coto (Presidente Ribadeo FC) e Arturo Gomez (Representante Feiraco Lácteos).
Recordamos que alcanza xa a súa III Edición, celebrarase o Sábado 08 de Agosto de 2026 ás 18:30h no Campo Municipal Pepe Barrera (Ribadeo) entre os equipos CD Lugo e Real Oviedo Vetusta.
As entradas, que se poderán adquirir en billeteira o día de partido serán:
-
Adultos (+15 anos): 10€
-
Infantil (8-15 anos): 5€
-
0-7 anos: Gratis
