InicioOrientalRibadeoRibadeo fai balance turístico do mes de xullo: 14.000 persoas pasaron polas...

Ribadeo fai balance turístico do mes de xullo: 14.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que “a estas cifras cómpre engadirlle as correspondentes ó mes xuño, xa que se viron incrementadas con respecto doutros anos"

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que “a estas cifras cómpre engadirlle as correspondentes ó mes xuño, xa que se viron incrementadas con respecto doutros anos, así como unha consolidación do turismo de repetición, cun aumento das persoas que regresan a Ribadeo, o que eleva o grao de fidelización do destino, reforzando o seu atractivo turístico”.

Sobre as procedencias contou que “no tocante ao turismo de procedencia estatal, Madrid segue a ser o principal emisor, séguena Castela e León e Galicia no centro da vila. Sendo Andalucía, Cataluña e Castela e León as procedencias maioritarias no punto das Catedrais. Con respecto ao turismo internacional, representa un 11.92% no centro da vila e un 24.45% do total das visitas no punto de información da praia, debido en gran parte á internacionalización do Monumento Natural, que xunto co Camiño Norte de Santiago e o porto deportivo de Porcillán converten Ribadeo nun destino internacional. Procedentes estes de máis de 35 países diferentes, que encabezan, Francia, Italia, Alemaña, Arxentina, Países Baixos, Reino Unido, Portugal e os Estados Unidos”.

Saiz indicou que “as visitas guiadas e unha gran variedade de actividades, tanto culturais como deportivas, converten Ribadeo nun lugar para gozar dunha estancia que asegura unha tranquilidade dinámica e diversa, indicado para todas as franxas de idade. Un ano máis, Ribadeo fai unha fortísima aposta polo turismo de calidade, organizando 8 percorridos guiados a través dos que se pode descubrir o seu importante patrimonio natural e cultural. Apoiando estas iniciativa que manan do sector público, atópanse unha ampla gama de empresas de turismo activo que ofrecen experiencias diferentes e múltiples en contacto coa natureza”.

A concelleira de Turismo tivo palabras de agradecemento para todo o sector turístico: “agradecer o traballo do persoal das oficinas de turismo e praias así como ao sector privado polo esforzo que leva realizando dende comezos da temporada estival, entre todos e todas contribuímos a acadar un destino turístico de vangarda”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...