InicioOrientalRibadeoRibadeo demanda melloras nas zonas portuarias de Rinlo e de Porcillán

Ribadeo demanda melloras nas zonas portuarias de Rinlo e de Porcillán

O alcalde, Dani Vega, explicou que “despois da reunión que mantiven coa presidenta de Portos de Galicia facemos unha moi boa valoración, o traballo que se está facendo en Ribadeo é importante"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo demanda ante Portos de Galicia melloras nas zonas portuarias de Rinlo e de Porcillán. O alcalde, Dani Vega, fixo valoración moi positiva tras a xuntanza mantida coa presidenta do ente, Natalia Botana.

O rexedor explicou que “despois da reunión que mantiven coa presidenta de Portos de Galicia facemos unha moi boa valoración, o traballo que se está facendo en Ribadeo é importante. Nestes momentos estamos actuando na Rúa Buenos Aires, o financiamento é por parte de Portos de Galicia 100%, son 450.000 euros. E nestes momentos estamos realizando a primeira parte da obra, a renovación do saneamento e do abastecemento, que é a partida orzamentaria máis importante, son obras que non se ven, pero que son prioritarias e fundamentais e tamén estamos actuando na renovación do pavimento, na nova iluminación, novo equipamento, en definitiva converter unha rúa que estaba certamente abandonada nunha infraestrutura moderna”.

Vega dixo que “actuamos tamén pensando desde a accesibilidade, que iso é moi importante e algo que nos preocupa, nos ocupa, e debemos ir mellorando paulatinamente as rúas baixo unha planificación cando se arranxen pensando na infraestrutura total”.

Varios foron os asuntos abordados polo alcalde ribadense e pola presidenta de Portos de Galicia: “nestes momentos a Portos de Galicia trasladeille unha preocupación que temos, que é a zona portuaria de Rinlo, o deteriorou é importante, a rampla de acceso vana ter que arranxar, e xa nos trasladou a presidenta que, por obras de emerxencia entenden que este ano pódese facer esa renovación. Nosoutros vamos estar sempre detrás porque evidentemente nos preocupa que a rampla de acceso teña ese desgaste. Non é actuar rápido por actuar, non é simplemente poñer un parche, eu xa lle trasladei que a actuación é importante para deixalo resolto de vez, e cando se fai unha obra facela ben, evidentemente para sempre”.

O rexedor seguiu a relatar que “esta é unha das preocupacións e outra que lle trasladei foi seguir traballando nos accesos a Porcillán, á zona portuaria de Ribadeo. Unha, na parte que é de Portos de Galicia da rúa Calvo-Sotelo, a iluminación e outras zonas das beirarrúas tamén é necesario melloralas, e no porto de Porcillán actuar no muro e estamos falando tamén de dotar dun pequeno aparcadoiro para dar servizo aos hoteis, mellorar o actual, mellorar a iluminación, en definitiva, facer unha mellora nos dous accesos que ten a zona portuaria de Ribadeo. Nunha xa estamos actuando e quedan estas dúas, e baixo esta planificación vamos seguir traballando. E tamén lle trasladei certas problemáticas, que nos fixo chegar a zona náutico deportiva para seguir mellorando e incrementando esa zona. Este traballo que se está facendo dende a coordinación, dende o traballo institucional, que é como se deben facer as cosas, presentando proxectos e así avanzar xuntos”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...