InicioOrientalRibadeoActividades de verán na praia dos Bloques en Ribadeo

Actividades de verán na praia dos Bloques en Ribadeo

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á mocidade “a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello

Publicada o

- Advertisement -

Seguen estes días na praia dos Bloques as actividades de verán organizadas pola Concellería de Deportes e de Mocidade.

Onte a rapazada puido gozar de kaiaks de 16 a 19:30 horas; hoxe, 30 de xullo, no mesmo horario haberá paddel surf; deslizadores acuáticos o 4 de agosto de 16 a 19:30 horas e os días 5, 6 e 7 de agosto de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á mocidade “a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Xa tivemos outras durante este mes de xullo na pista multideporte e agora seguimos coas acuáticas na praia dos Bloques. Hainas para todos os gustos. Agardamos que as disfruten e que pasen un verán practicando deporte, xogando e facendo novas amizades”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...