InicioOrientalRibadeoComezan as obras na Avenida de América en Ribadeo para "acceso ao...

Comezan as obras na Avenida de América en Ribadeo para “acceso ao novo centro de saúde”

O rexedor ribadense, Dani Vega, engadiu: “é unha obra pola que pelexada, necesitábamos para que a Xunta tamén concedera o centro de saúde a Ribadeo ter as infraestruturas do entorno arranxadas e xa estamos actuando"

Publicada o

- Advertisement -

Deron comezo as obras na Avenida de América. O alcalde, Dani Vega, subliña que se trata dunha obra fundamental e prioritaria para Ribadeo e para dar acceso ao novo centro de saúde.

O rexedor contou que “comezaron as obras na Avenida de América, unha obra fundamental e prioritaria para dar acceso ao novo centro de saúde, unha obra financiada pola Xunta de Galicia e que necesitábamos, evidentemente, ese orzamento. Non o podíamos perder, agora hai que actuar nestes meses mellorando toda unha entrada principal a Ribadeo”.

Vega subliñou que “a obra ten varios obxectivos: acceso ao novo centro de saúde, a renovación por completo do saneamento e do abastecemento, que estamos tendo moitos problemas nesa zona, e por certo é a partida presupostaria máis importante, é dicir mellorar o saneamento e o abastecemento é fundamental e é o que máis consignación precisa. A renovación é por completo, tamén naquelo que se ve, é dicir no pavimento, a construción da nova rotonda, a nova iluminación, as novas beirarrúas, o novo equipamento, en definitiva 350.000 euros, que significan un cambio por completo da entrada a Ribadeo”.

O alcalde declarou: “é verdade que as obras causan molestias, pero é bastante complicado facer obras e melloras e non ter ningún impacto, pero o que se vai facer é molestar o menos posible”.

E indicou que “durante a obra soamente vai estar pechado o carril de saída, cando sexa preciso só se interrompe o carril e cando remata a obra ábrese ao tráfico de novo. Hai que dicir que o horario laboral é ata as 18:30 horas, a partir de aí queda restablecido o tráfico e os venres a partir da unha da tarde xa queda con normalidade o tráfico”.

Dani Vega dixo que “as saídas son múltiples nesta vila e entón hai que ver esas alternativas. E pido que se poña por parte de todos un pouco, porque evidentemente as obras fundamentais, aproveitar os recursos que nos veñen da Xunta son tamén fundamentais e, en definitiva, é unha obra prioritaria para mellorar a entrada de Ribadeo e dar ese acceso ao novo centro de saúde”.

O rexedor ribadense engadiu: “é unha obra pola que pelexada, necesitábamos para que a Xunta tamén concedera o centro de saúde a Ribadeo ter as infraestruturas do entorno arranxadas e xa estamos actuando. Entendo que pode causar algún tipo de molestia, pedimos disculpas, pero sempre é con esa vocación clara de mellorar Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...