InicioOrientalRibadeoRibadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

O alcalde, Daniel Vega sinalou que : "Volvemos reiterar o noso agradecemento á Consellería de Política Social por axudarnos e así xa damos comezo á licitación para, en breve, poñernos en marcha coas obras”

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o 13 de agosto, segundo informou hoxe o alcalde, Dani Vega.

O rexedor contou que “licitamos a lavandería e cociña da residencia Hospital Asilo tanto en equipamento como en obra. Son 320.000 euros, orzamento íntegro por parte da Xunta de Galicia. Volvemos reiterar o noso agradecemento á Consellería de Política Social por axudarnos e así xa damos comezo á licitación para, en breve, poñernos en marcha coas obras”.

Para Vega trátase “dunha moi boa noticia poder xa traballar no Hospital Asilo, empezar a licitar e así toda a tramitación burocrática para que ata o 13 de agosto todas as empresas que queiran presentar as ofertas tanto na lavandería, cociña, equipamento, como na mellora de remate das obras dos espazos. É unha boa noticia, despois de todo o que vivimos e sufrimos”.

O alcalde lembrou que “a empresa Naray, todos somos coñecedores, presentou concurso de acredores e non sómente repercutiu no Concello de Ribadeo, senón tamén no da Pontenova, no de Guitiriz e no de Riotorto. Unha decisión que nos caeu moi dura. Tivemos que tomar decisións francamente duras e rescindimos o contrato. Agora vamos recorrer á vía xurídica para reclamar todo ese diñeiro, máis de 300.000 euros, porque incumpriu o contrato e nós temos que velar polos intereses das contas municipais, velar polos intereses do noso Concello. Tomáronse as decisións desde un punto de vista xurídico, en secretaría, técnico-económico, intervención e tamén técnico, é dicir os arquitectos municipais. Rescindiuse o contrato en pleno, aprobouse por maioría e actuamos coa máxima responsabilidade”.

Dani Vega subliñou: “teño que destacar que nosoutros sufrimos o que sufriron os outros Concellos, cando se presenta unha suspensión de pagos, un concurso de acredores. Nosoutros, en Ribadeo non é a primeira vez que sufre isto, co anterior goberno tamén pasou co pavillón actual de deportes. Tamén unha empresa presentou concurso de acredores e repercutiu negativamente no Concello e o anterior goberno fixo todo o posible por defender os intereses e así rematar as obras. O mesmo pasa agora, tamén poñendo por parte de todos os técnicos municipais e do goberno actuamos coa máxima responsabilidade e agora nesta fase de actuar xuridicamente en contra da empresa por incumprir o contrato, esa vía estámola traballando e xa licitar para comezar en breve as obras”.

O rexedor explicou que “a primeira parte é lavandería, cociña e instalacións e agora imos xestionar orzamento para rematar ese 13%, que é o que quedou sen facer, e dado que hai un incremento no prezo do custe dos materiais e das obras, temos que buscar o orzamento necesario para rematar ese 13 %. Todo volve comezar, estamos nesta fase administrativa de ata o 13 de agosto pódense presentar as empresas, licitar para xa facer despois as obras tanto das instalacións da lavandería e cociña como do equipamento”.

E insistiu: “é unha moi boa noticia eses 320.000 euros que nos apoia a Xunta de Galicia e así vamos seguir traballando coa máxima responsabilidade e defendendo sempre os intereses do Concello”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...