InicioOrientalRibadeoCampus de Baloncesto Sublime 26 Xacobeo en Ribadeo do 19 ao 24...

Campus de Baloncesto Sublime 26 Xacobeo en Ribadeo do 19 ao 24 de xullo

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, felicitou aos organizadores “polo éxito da convocatoria, xa que as prazas foron esgotadas.

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 60 xogadores daranse cita do 19 ao 24 de xullo no Campus Internacional de Baloncesto Sublime Ribadeo 26 Xacobeo.

As prazas ofertadas esgotáronse. O CB Ría de Ribadeo explica que “son 60 xogadores de toda a xeografía galega, española e tamén varios estranxeiros os que participarán neste campus de baloncesto. 34 son galegos (20 de Lugo, 10 da Coruña e 4 de Pontevedra); 22 de Asturias, Castela e León, Madrid, Cataluña e Valencia; e 4 de Suiza e USA. Destacar que 11 xogadores do CB Ría de Ribadeo poderán gozar desta experiencia de baloncesto de elite”.

O staff estará composto por:

– Josept Raventós na dirección de campus e do traballo táctico

– Casey Trujeque (USA) como director do traballo técnico

– Hugo Ruiz (USA), Juan Norat y Armando Otero como adestradores

– Óscar Souto (fisioterapeuta)

– Alberto Méndez (Coordinador)

– Iker Sama (Monitor)

Xogadores e familiares aproveitarán a súa estadía para coñecer de preto o Camiño Norte de peregrinación a Santiago.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, felicitou aos organizadores “polo éxito da convocatoria, xa que as prazas foron esgotadas. Desexamos que os xogadores aproveiten ben o tempo deste campus, os valores que transmite o baloncesto, e que gocen tamén do seu paso por Ribadeo”.

A presentación do evento tivo lugar no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...