InicioOrientalRibadeoAs Catedrais estará pechada para as visitas os días 15 e 16

As Catedrais estará pechada para as visitas os días 15 e 16

Publicada o

- Advertisement -

Dúas serán as xornadas nas que estará pechada ás visitas a praia das Catedrais en xullo: os días 15 e 16. Así llo comunicou a Xunta ao Concello de Ribadeo.

O alcalde, Dani Vega, asegurou que “a Xunta enviará as comunicacións a todas as persoas que poden expedir pases para visitar As Catedrais: taxistas, hoteis, etc… para que saiban que se van liberar as autorizacións para poder acceder ao areal os días 14 e 17 de xullo”. Mañá, mércores, será cando se proceda a abrir de novo esas datas.

O rexedor dixo que “Amazon Prime solicitou catro días de peche da praia das Catedrais, pero a Xunta desde o primeiro momento lle dixo que tiña qué aclarar qué dúas xornadas exactamente ían ser. Procedeu a bloquear catro datas ata ter a confirmación exacta por parte da empresa, pero só había aprobado o peche para dúas datas, que serán o 15 e o 16 de xullo”.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...