InicioOrientalRibadeoA Big Band da EMMeD de Ribadeo actuará no fin de curso...

A Big Band da EMMeD de Ribadeo actuará no fin de curso da EOI

O Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organizou este pasado domingo, 31 de maio, unha xornada de convivencia e benestar dirixida ás mulleres do municipio, na que participaron un total de 50 asistentes.

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo continúa a levar a súa actividade pedagóxica e artística máis alá das aulas. Nesta ocasión, a Big Band da EMMeD será a encargada de poñer a nota musical á Festa de Fin de Curso da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ribadeo, que terá lugar o vindeiro mércores, 3 de xuño.

A actuación, que dará comezo ás 19:00 horas nos xardíns da EOI, servirá para que o alumnado da formación amose o traballo desenvolvido durante os últimos meses. Cun repertorio dinámico e pensado para todos os públicos, a Big Band buscará crear un ambiente festivo e de convivencia entre ambas institucións educativas nun marco inmellorable ao aire libre.

Desde a EMMeD salientan a importancia destas colaboracións, que permiten aos alumnos e alumnas de música enfrontarse ao público en diferentes contextos e fortalecer os vínculos co tecido cultural da vila.

A dirección da Escola Municipal de Música e Danza convida a toda a veciñanza, así como á comunidade educativa de ambos centros, a achegarse aos xardíns da EOI para desfrutar desta cita coa música en directo.

XORNADA DE CONVIVENCIA

O Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organizou este pasado domingo, 31 de maio, unha xornada de convivencia e benestar dirixida ás mulleres do municipio, na que participaron un total de 50 asistentes.

A actividade incluíu unha visita ao balneario de Ferreira de Pantón. A xornada discorreu nun ambiente de participación, convivencia e desfrute.

Ademais, durante a viaxe de regreso, o grupo realizou unha parada en Samos, onde tivo a oportunidade de visitar o Mosteiro de San Xulián. Guiadas por un monxe beneditino, as asistentes puideron coñecer a historia e singularidade do conxunto monástico, destacando especialmente o seu claustro de estilo neoclásico, considerado o máis grande de España.

A serenidade do lugar, o frescor dos seus espazos interiores e o ambiente de calma que se respiraba contribuíron a poñer o broche final a unha xornada centrada no benestar e autocoidado.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, fixo un balance positivo da actividade: “moi agardada todos os anos polas mulleres de Ribadeo, que deixan a un lado o seu día a día, para centrarse, para centrarnos, en nós mesmas”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...