InicioOrientalRibadeoConvenio entre Ribadeo e Deputación para mellorar a área recreativa de Vilela

Convenio entre Ribadeo e Deputación para mellorar a área recreativa de Vilela

O alcalde, Dani Vega, explicou que “firmamos un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, neste caso para actuar en Vilela para mellorar toda a área recreativa, todo o espazo onde fan distintas celebracións"

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración para a mellora da área recreativa de Vilela. O investimento será de 82.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “firmamos un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, neste caso para actuar en Vilela para mellorar toda a área recreativa, todo o espazo onde fan distintas celebracións. A valoración que facemos desde o Concello é realmente moi positiva, hai que agradecer á asociación todo o traballo que fai neste caso, pero no día a día solicitando colaboración por parte das administracións, preocupándose na xestión diaria para ter máis cousas, neste caso en Vilela esta felicitación debemos estendela a todos os colectivos, a todas as asociacións, porque fan un traballo moi importante”.

O rexedor dixo: “firmamos este convenio de colaboración coa Deputación. A Deputación dun orzamento total de 82.000 euros, vai aportar preto de 30.000 euros. E hai que agradecerlle ao deputado Dani García toda a colaboración que está tendo con nosoutros, todo este entendemento entre as administracións. Nosoutros sempre destacamos que o realmente importante é ter esa capacidade de xestión, non buscar diferenzas, non buscar tensións, senón atender a xestionar, atender a gobernar e atender a ter capacidade de entendemento con outras administracións. E neste caso a Deputación, que non é da mesma cor política, pero iso non ten nada que ver. O que si é o importante é que haxa ese entendemento e que teñamos acordos e que beneficie, neste caso a Ribadeo e concretamente a Vilela”.

E engadiu: “son 82.000 euros de inversión. Agradezo á Deputación a colaboración. Agradezo de corazón todo o que está facendo a asociación porque é moi importante. Sempre digo nas reunións que teño cos veciños que é moi distinto unha parroquia, un lugar con asociación que sen asociación. Vamos seguir traballando, vamos seguir xestionando orzamento e vamos seguir colaborando e entendéndonos con todas as administracións”.

DIPLOMA DO ‘RIBADEO SABE’ Á TAPA GAÑADORA DO XURADO PROFESIONAL. 

Kalpa Amodiño recibiu o diploma acreditativo da organización do Ribadeo Sabe, como a tapa gañadora do xurado profesional. Ata este local hostaleiro do casco vello ribadense se achegaron representantes do Concello e de Acisa para felicitar á cociñeira, que recibirá como premio un curso no Basque Culinary Center con estancia en San Sebastián e diploma acreditativo.

O Ribadeo Sabe arrincou onte en 22 locais hostaleiros de Ribadeo. O público tamén elixirá ao seu gañador que levará como premio unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.

E haberá premios para o público que participe nas votacións do Ribadeo Sabe. Serán tres categorías dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo e visita guiada cada unha a Bodegas Docampo, en Ribadavia, con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo.

A organización do Ribadeo Sabe, Concello e Acisa, animan “a saborear ata o domingo as exquisitas tapas que poderán atopar nos 22 locais participantes neste renovado concurso gastronómico”.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...