InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo entrega os premios da Campaña do Día da Nai

ACISA Ribadeo entrega os premios da Campaña do Día da Nai

Na entrega de agasallos participaron a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, asÍ como José Ramón Leal, propietario da galería ribadense Terra Branca

Publicada o

- Advertisement -

As instalacións de Acisa Ribadeo acolleron esta tarde a entrega dos premios da campaña do Día da Nai.

As persoas afortunadas foron: Sergio Fernández González, de Figueras, por unha compra en Atleet, que o levará a visitar Bodegas Docampo en Ribadavia e a gozar da estancia dunha noite no seu hotel Pazo Carballo; ao igual que Gloria Fernández, de A Fonsagrada, por unha compra en Ginzo, que tamén viaxará a Ribadavia; e Loli García, de Luarca, levou unha colección de Mon Castro para Terra Branca, por unha compra realizada en Misstic.

Na entrega de agasallos participaron a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, asÍ como José Ramón Leal, propietario da galería ribadense Terra Branca.

Desde Acisa agradecen “a Bodegas Docampo, de Ribadavia, e a Terra Branca, de Ribadeo, a súa colaboración e os premios doados para a campaña do Día da Nai deste 2026”.

E animan a participar á veciñanza e clientela de toda a contorna “na nova campaña, que arrinca hoxe, a do Pasaporte de Acisa, que levará a unha parella a Lanzarote e repartirá 1.000 premios directos na Ruleta da Sorte o vindeiro 14 de xuño”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...