InicioCulturaCantos de Taberna organizados polo Concello de Ribadeo

Cantos de Taberna organizados polo Concello de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo organiza para este sábado 9 de maio unha nova edición dos Cantos de Taberna.

Son 18 os locais hostaleiros que acollerán as actuacións dos 12 grupos participantes entre as 20:30 e as 22:15 horas.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que “con esta xa tradicional cita queremos lembrar e homenaxear a aquelas xuntanzas festivas dos anos 50 ou 60 nas que unha tasca, unha xarra de viño e un grupo de amigos eran máis que suficientes para poñer en marcha un improvisado concerto de cantigas populares. Probablemente moitas das pezas populares que hoxe en día se conservan xurdiron desa espontaneidade daqueles anos”.

Para Saiz “esta actividade converteuse nunha cita ineludible para os amantes da música e atrae a numerosos grupos de distintos puntos de Galicia e Asturias, creando un ambiente festivo nos diferentes locais de hostalería participantes”.

A edil ribadense engadiu: “agardámosvos mañá en Ribadeo para participar e gozar desta xornada tan popular e tan festiva como son os Cantos de Taberna”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...