InicioOrientalRibadeoAsinado un convenio entre Xunta e Concello de Ribadeo para melloras na...

Asinado un convenio entre Xunta e Concello de Ribadeo para melloras na Avenida de América

En total investiranse 350.000 euros que se achegarán tras a sinatura do convenio entre a conselleira de Vivenda e o alcalde de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta investirá 350.000 euros na mellora da Avenida de América. O convenio foi asinado hoxe en Ribadeo polo alcalde, Dani Vega, e pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Está previsto que os traballos dean comezo o vindeiro mes de xullo.

A obra inclúe a renovación das beirarrúas, a creación dunha nova rotonda nas inmediacións dos terreos que ocupará o novo centro de saúde, a mellora da sinalización e da seguridade viaria, novo mobiliario urbano, xestión de residuos ou o soterramento do sistema eléctrico. O rexedor dixo: “seguimos investindo no saneamento nesta zona toda. Destaco isto porque isto é o que non se ve, pero é a maior parte da inversión. Como tamén a nova substitución de todo o rodado, de todo o aglomerado, que iso tamén se vai mellorar, ou as beirarrúas ou xa todo sistema de canalización en soterrado do sistema eléctrico, é dicir as luminarias”.

Para Dani Vega “esta é unha obra fundamental para Ribadeo. Ribadeo acredita que está xestionando moito orzamento, Ribadeo acredita un traballo constante e continuo de inversión, evidentemente xestionando ben os recursos municipais, por iso temos un remanente de tesourería de 1,5 millóns de euros, porque estamos gastando menos do municipal e estamos xestionando moito na Xunta de Galicia. Unha cousa é chorar e outra cousa é xestionar. Nos conxugamos as dúas cousas, nun choro continuo acábase xestionando, porque evidentemente os Concellos teñen moitas problemáticas e unha delas son as fontes de ingresos. Como non haxa unha administración que entenda que ten que colaborar cos Concellos, evidentemente aviados vamos”.

O alcalde tivo palabras de agradecemento para a administración galega: “creo que hai que destacar hoxe o agradecemento á Xunta de Galicia non por entregar 350.000 euros, que iso é obrigación, pero é o traballo e a colaboración constante cunha administración coa que nos estamos entendendo perfectamente. Cústanos algo con outras, pero poñemos vontade para seguir nesa liña de colaboración con todas, porque nosoutros nunca defendemos, xa cando estabamos na oposición, o enfrontamento porque non trae nada, o que trae é traballar, xestionar e convivir coas distintas administracións, goberne quen goberne, nosoutros temos que xestionar para Ribadeo, que é nosa obriga. E á conselleira qué lle vou dicir, moitas grazas por toda esa colaboración, por esa amizade, por pensar sempre en Ribadeo. E eu sei que non vai ser o único convenio que vamos firmar neste ano. Vamos firmar outro en breve, que é máis pequeno en cantidade, pero confirmo que se vai facer e xa estamos preparando máis inversións cara o 2027”.

E engadiu: “esta non é unha visita, evidentemente, hoxe á Avenida de América, senón que é a Avenida de América e moitas infraestruturas que vamos mellorar en Ribadeo, conxuntamente coas 300 vivendas, xa que Ribadeo é o único Concello, cunha poboación de 10.000 habitantes que presentou un proxecto de 300 vivendas. E iso é moi importante e iso é pensar no futuro. Saneamento, abastecemento con outras Consellerías, un plan de vivendas, iso é marcar un futuro non a corto prazo, senón pensar no Ribadeo do ano 30 e do ano 40”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...