InicioOrientalRibadeoO Correlingua 2026 percorrerá Ribadeo o 20 de maio nunha nova edición...

O Correlingua 2026 percorrerá Ribadeo o 20 de maio nunha nova edición para promover o uso da lingua entre a xente nova

O Correlingua conta cunha participación de máis de 850 escolares inscritos na edición de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O Correlingua desenvolverase o vindeiro día 20 de maio en Ribadeo con foliada, andaina e unha festa que reclaman, un ano máis, unha celebración para a nosa lingua.

O Correlingua está organizado pola CIG-Ensino, A Mesa Pola Normalización Lingüística e AS-PG; e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Presentación do Correlingua en Ribadeo

O Correlingua conta cunha participación de máis de 850 escolares inscritos na edición de Ribadeo.

Terá lugar no Campo de San Francisco, o día 20 de maio e contará coas actuacións de Sniff & Crash e de Paco Nogueiras. A presentación será a cargo de Fran Rei.

Na edición deste ano, no que o día das Letras Galegas está adicado as Begoña Caamaño, o alumnado percorrerá as rúas de Ribadeo. O manifesto reivindicativo será lido por alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, que participaron nun obradoiro literario para a súa creación impartido polas escritoras María Lado, Lucía Aldao e Antía Yáñez.

O Correlingua realiza diversas actividades que se desenvolven durante o curso escolar:

  • Obradoiro de escrita ‘Desata a lingua’, do que sae o manifesto que se le en todas as festas

  • Regueifando!: creación de coplas nas aulas que remata nunha regueifa colectiva

  • Cantalingua: promóvese un concurso onde o alumnado ten a posibilidade de escoller o grupo ou solista que prefire para actuar nas festas finais do Correlingua. O fin que pretendemos co Cantalingua é darlle a posibilidade de darse a coñecer a aqueles grupos que optan por usar a nosa lingua para as versar as súas cancións. Os tres grupos gañadores serán os que actúen nas Festas Finais. O xurado está formado por alumnado da ESO e pola organización do Correlingua.

  • Crealingua: concurso libre de creación artística en galego.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...