InicioOrientalRibadeoMásterclass Armonía de Viños na Praza de Abastos de Ribadeo

Másterclass Armonía de Viños na Praza de Abastos de Ribadeo

A actividade enmárcase no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico de tapas, que organizan o Concello e Acisa.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro mércores, 6 de maio, ás 12:00 horas, na Praza de Abastos de Ribadeo, terá lugar a Másterclass Armonía de Viños, impartida por Alberto Vega, que é sumiller.

A actividade enmárcase no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico de tapas, que organizan o Concello e Acisa.

Trátase dunha actividade especialmente orientada ao sector hostaleiro, concibida como un espazo de formación e intercambio arredor da harmonía entre bebidas e gastronomía. Durante a sesión os asistentes catarán viño branco, viño tinto e diferentes cervexas, e recibirán consellos e orientacións sobre combinacións de sabores con distintas bebidas, “co obxectivo de achegar ferramentas útiles para a aplicación práctica na hostalaría e para mellorar a experiencia gastronómica dos clientes”, explican desde a asociación Cociñeiros Lugo.

E subliñan que “esta Másterclass busca aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe”.

Desde o Concello e Acisa animan “ao sector hostaleiro de Ribadeo a acudir a esta Másterclass, que se celebrará na Praza de Abastos este mércores, 6 de maio, a partr das 12 do mediodía”.

O Ribadeo Sabe ultima os detalles desta renovada edición, que se desenvolverá do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros ribadenses”.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...