InicioOrientalRibadeoRibadeo traballa contra o acoso escolar co programa KIVA en tres centros...

Ribadeo traballa contra o acoso escolar co programa KIVA en tres centros de ensino

A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, subliñou que “Ribadeo é o primeiro concello de Galicia que une a todos os centros educativos nesta loita. Grazas ao alumnado pola súa participación e ao profesorado pola súa implicación fundamental”.

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Ribadeo continúa a traballar contra o acoso escolar a través do programa KiVa, implantado no Sagrado Corazón, no Gregorio Sanz e no IES Dionisio Gamallo.

O pasado xoves tivo lugar unha carreira colaborativa na que participaron arredor de 350 escolares de 5° e 6°de Primaria e 1° e 2° de Secundaria, nunha xornada de convivencia, reflexión e compromiso. A actividade rematou coa creación de palabras en equipo e a lectura dun manifesto conxunto.

Hoxe, 2 de maio, celébrase o Día contra o Acoso Escolar, unha data para seguir reforzando este compromiso.

A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, subliñou que “Ribadeo é o primeiro concello de Galicia que une a todos os centros educativos nesta loita. Grazas ao alumnado pola súa participación e ao profesorado pola súa implicación fundamental”.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...