InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo e Concello asinan o convenio anual de colaboración cunha axuda...

ACISA Ribadeo e Concello asinan o convenio anual de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, indicou que “grazas á firma deste convenio poderemos desenvolver diferentes accións de dinamización comercial e hostaleira e de promoción turística, tal y como vimos facendo desde hai anos"

Publicada o

- Advertisement -

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a axuda de 20.000 euros que recibe a asociación ribadense para seguir apoiando o consumo en clave local e para levar adiante diversas iniciativas e actividades, que contribúan á dinamización da economía ribadense.

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, indicou que “grazas á firma deste convenio poderemos desenvolver diferentes accións de dinamización comercial e hostaleira e de promoción turística, tal y como vimos facendo desde hai anos. Concello e Acisa seguimos a traballar xuntos, algo que sen dúbida é bo para Ribadeo e para os nosos socios e socias. Son 20.000 euros os que recibiremos neste 2026”.

Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “queremos agradecer a colaboración do Concello de Ribadeo con Acisa a través deste convenio e tamén con outras accións que organizamos ao longo do ano. A axuda das administracións é fundamental para a nosa asociación. Iso permítenos planificar moitas campañas ao longo de todo o ano, que contribúen á dinamización económica de Ribadeo”.

O alcalde, Dani Vega, sinalou que “Concello e Acisa firmamos un convenio de colaboración cunha achega por parte do Concello de 20.000 euros para que poidan realizar as súas actividades. É unha axuda directa, porque Acisa representa a unha grande parte dos comerciantes, hostaleiros, hoteleiros… é un dos sectores económicos máis importantes de Ribadeo. Esa partida de vinte mil euros é para impulsar e dinamizar a economía da vila”.

E subliñou que “é unha colaboración permanente e absoluta con Acisa, cunha lealdade moi importante. Estamos a traballar conxuntamente para impulsar moitas actividades, xa fixemos moitas e agora queda todo o verán por diante con accións moi importantes que dinamizarán a vila e a economía de Ribadeo ao longo dos vindeiros meses”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “o convenio anual céntrase na realización de actividades de dinamización comercial e hostaleira como concertos, sorteos, campañas promocionais e publicitarias e na compra de materiais para entregar gratuitamente ás socias e socios de Acisa, algo moi demandado por todos eles. E como novidade asume gastos de funcionamento, como o aluguer da nosa oficina, algo que é de moita axuda na xestión diaria do presuposto de Acisa”.

O convenio anual entre Concello de Ribadeo e Acisa foi asinado polo alcalde, Dani Vega, e pola presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado. Ao acto asistiron a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e Silvia Martínez, técnica da Área de Promoción Económica do Concello ribadense.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...