InicioOrientalRibadeoA construción de 300 vivendas protexidas entrará no pleno de Ribadeo deste...

A construción de 300 vivendas protexidas entrará no pleno de Ribadeo deste martes

O alcalde, Dani Vega, contou que “esta tarde noite temos pleno municipal para abordar asuntos de interese para a Ribadeo. A primeira das cuestións é a aprobación provisional da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a implantación do novo aparcadoiro público, que estará situado na rúa Fernández Cardoso"

Publicada o

- Advertisement -

O aparcadoiro na Avenida Rafael Fernández Cardoso, o novo centro de saúde, a creación dun espazo cultura na capela da Virxe do Camiño, o irmandamento con Tala ou a construción de 300 vivendas protexidas serán algúns dos asuntos que se abordarán no pleno que hoxe se celebrará no Concello de Ribadeo a partir das 19:00 horas.

O alcalde, Dani Vega, contou que “esta tarde noite temos pleno municipal para abordar asuntos de interese para a Ribadeo. A primeira das cuestións é a aprobación provisional da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a implantación do novo aparcadoiro público, que estará situado na rúa Fernández Cardoso. Vamos seguir coa clara vocación de incremento de número de prazas da aparcadoiro nunha situación céntrica e tamén que conviva cos espazos humanizados e tamén que teña cargador eléctrico para vehículos. Creo que é un paso moi importante, estamos nos primeiros pasos administrativos, isto é bastante farragoso, cambiar, remodificar un Plan Xeral e necesitamos todos os permisos da Xunta de Galicia e tamén os sectoriais, os permisos tanto da Xunta como de Estradas”.

O rexedor relatou que “tamén xa lle entregamos á Xunta de Galicia por fin os terreos para o novo centro de saúde. Tamén tivemos que afrontar unha tramitación urbanística de modificación do plan, unha serie de expropiacións de terreos. Neste ano e pico conseguimos eses terreos, é unha tramitación moi lenta, moi complexa, certamente moi garantista para a propiedade. Agora xe lle entregamos á Xunta de Galicia, concretamente ao Sergas, para que eles inicien xa a recreación do proxecto para o novo centro de saúde. Eu sempre defendín que o centro de saúde amplíase. Tamén vai prestar uns servizos cómodos para poder aparcar, pero coa clara vocación, e é o máis importante, de seguir ganando servizos sanitarios, ter todo concentrado tanto o PAC, o centro de saúde e o 061, evidentemente é un paso moi importante”.

Outro dos asuntos que se someterá a aprobación esta tarde é a aprobación do convenio co Bispado de Mondoñedo para a cesión temporal do uso da capela Virxe do Camiño: “está no centro da vila, leva anos abandonada. Tamén escoitamos e leemos moitas veces que se quería arranxar, prometeuse non sei cantas veces, pero nunca se concretou. Por fin podemos levar isto a pleno, firmaremos convenio e xa nos poñeremos a xestionar orzamento para converter esta capela, que está desacralizada, nun espazo, nun sala cultural multifuncional para dar servizo aos colectivos asociativos culturais, veciñais, en definitiva prestar un servizo para poder facer eventos, para facer tamén actos neste pobo dinámico. Polo tanto, tamén pasaremos dunha a capela abandonada a un espazo cultural entre San Roque e a rúa Virxe do Camiño, restaurada e prestando uns servizos”.

Irmandamento con Tala

Vega declarou: “tamén nos parece que había que dar pasos xa moi importantes para concretar o irmandamento con Tala. Estivemos en conversacións co departamento de Canalones e tamén con Tala, para concretar este irmandamento. Será tutelado polo Concello, concretamente pola comisión onde están todos os grupos políticos, e creo que no mes de setembro concretaremos unha serie de actos para irmandarnos con Tala, evidentemente, baixo o paraugas do Viejo Pancho”.

O alcalde explicou que “neste pleno tamén vai a declaración de interese autonómico para a creación do solo que se vai destinar a vivenda protexida. Trescentas vivendas que vamos construír en Ribadeo. Están na primeira fase, na terminación de expropiacións, reformas urbanísticas e van presentar en breve o proxecto, é dicir licitar o proxecto para declarar este interese autonómico, é dicir o PIA. É moi importante seguir nese camiño de construción de vivendas. Creo que é unha das maiores inversións que se fixo en Ribadeo, é único Concello de toda Galicia cunha poboación de 10.000 habitantes que vai construír 300 vivendas”.

Deputación de Lugo

O rexedor manifestou: “tamén vamos solicitar a subvención do Plan Deputación de Cooperación, é dicir, destinar ese diñeiro que aporta a todos os Concellos a Deputación e a Ribadeo destina 425.000 euros, dos que 370.000 os destinamos ao Plan Avanza Rural, ao plan de infraestruturas que nestes momentos estamos tamén investindo e xa vamos a solicitar o seguinte”.

E engadiu: “ademais por parte do grupo maioritario, do Grupo Popular, presentamos dúas mocións. Unha para a construción e reclamar á Deputación de Lugo investimento para colaborar co Concello na construción de novas instalacións deportivas, concretamente o campo de herba artificial. E aquí queremos camiñar en dúas liñas. Primeiro a Xunta de Galicia, que estamos traballando con eles para xestionar o orzamento e facer un campo de herba artificial e á Deputación que poña o outro 50%. Este tema é unha vella reclamación, xa debera estar feito este campo hai 10 anos e vamos facelo agora con toda a intención, con toda a vocación de seguir investindo nas instalacións deportivas”. Dani Vega lembrou que “acabamos de mellorar os dous pavillóns, o que está situado na rúa Alfredo de Año e tamén o de Cubellas. Pasamos de ter instalacións abandonadas a ter novas instalacións. E o campo de herba artificial era unha reclamación que levamos escoitando anos e anos, con toda a razón para darlles un servizo a moitos nenos e nenas que necesitan espazos deportivos. Nosoutros estamos xa traballando coa Xunta de Galicia e espero que a Deputación aporte o outro 50%. E tamén reclamarlle á Deputación de Lugo 250.000 euros para investir no saneamento do rural das nosas parroquias. Tamén é moi importante, xa que noutros puntos está investindo a Xunta de Galicia, como tamén estamos para en breve adxudicar a obra do abastecemento da auga, 7,5 millóns de euros, tamén entendo que a Deputación pode colaborar con nos”.

Para o alcalde ribadense “o de hoxe é un pleno moi importante, con moitos temas de interese todos para Ribadeo, e evidentemente un pleno que vai na liña do traballo e da xestión para que Ribadeo siga avanzando”.

ÚLTIMAS