InicioOrientalRibadeoCampus de baloncesto do Breogán en Ribadeo

Campus de baloncesto do Breogán en Ribadeo

Ribadeo será escenario do 22 ao 27 de xuño do Campus de Tecnificación Breogán The Basket Dream.

Publicada o

- Advertisement -

Este verán Ribadeo acollerá unha semana dedicada ao baloncesto, á aprendizaxe e á convivencia, deseñada para que os mozos e mozas se desenvolvan a través do deporte, compartindo valores, creando amizades e vivindo experiencias inesquecibles.

O campus ofrece tres modalidades adaptadas ás necesidades dos participantes:

Intensiva (10:00 – 14:00)

Enfocada no desenvolvemento técnico individual, inclúe traballo específico de fundamentos, adestramento por posicións, competicións e retos, co obxectivo de potenciar a mellora individual de cada xogador/a.

Externa (10:00 – 19:00)

Combina o traballo de tecnificación cunha experiencia máis completa. Inclúe adestramentos, comida, competicións e actividades complementarias como torneo 3×3, excursión á Praia das Catedrais e actividade de surf, ademais de espazos para a convivencia e a creación de novas amizades.

Interna

Pensada para quen desexe vivir unha experiencia integral. Inclúe aloxamento e pensión completa, adestramentos diarios, tecnificación individualizada, torneo 3×3, excursión á Praia das Catedrais, actividade de surf, gymkana, competicións e múltiples actividades complementarias, fomentando a convivencia continua entre xogadores e adestradores.

O campus contará coa participación de xogadores profesionais, que compartirán a súa experiencia cos participantes nun entorno baseado na aprendizaxe, o respecto, o compañeirismo e a paixón polo baloncesto.

As persoas interesadas en participar poden realizar as inscricións e obter máis información en www.thebasketdream.com, no teléfono 684 651 509 ou no correo electrónico: info@thebasketdream.com

O Campus de Tecnificación Breogán The Basket Dream foi presentado polo alcalde, Dani Vega, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e Alberto Carmona, axente de The Basket Dream.

Silvent anima “a todas as rapazas e rapaces que practican baloncesto a aproveitar esta oportunidade, que volve a Ribadeo, para perfeccionar as súas técnicas con adestramentos e competicións, ademais de gozar de diferentes actividades complementarias. É unha boa ocasión para compartir valores, experiencias e amizades”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...