InicioOrientalRibadeoRibadeo mellorará o círculo habanero da Devesa con axuda da Xunta de...

Ribadeo mellorará o círculo habanero da Devesa con axuda da Xunta de Galicia

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento, neste caso para mellorar as instalacións do Círculo Habanero"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo mellorará o Círculo Habanero a Devesa, grazas á colaboración da Xunta de Galicia. Son preto de 8.000 euros os destinados ao pintado e diversas reformas nese edificio histórico.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento, neste caso para mellorar as instalacións do Círculo Habanero. Dende logo, esta colaboración 100% da Xunta de Galicia permítenos pintar e mellorar o edificio central, despois de escoitar á asociación que nos reivindicaba que tiñan moitos problemas evidentemente para ter ese orzamento necesario e así mellorar e pintar o edificio do Círculo Habanero”.

O rexedor contou que “fixemos esa xestión ante a Consellería de Cultura, conseguimos preto de 8.000 euros para mellorar toda esa instalación histórica, que ten unha pegada fundamental na Devesa, neste legado tamén indiano que ten en Ribadeo, e desde logo vamos seguir mellorando as instalacións do Círculo Habanero”.

Vega lembrou que “xa se fixeron moitas obras e continuamos para seguir conservando e coidando edificios que son moi importantes para o día a día das persoas, pero tamén dentro da historia que temos aquí en Ribadeo na historia local”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...