InicioOrientalRibadeoPresentadas as fotografías gañadoras de 'Igualdade Ribadeo: Mulleres que inspiran'

Presentadas as fotografías gañadoras de ‘Igualdade Ribadeo: Mulleres que inspiran’

Dende a organización destacan a participación neste certame e agradecen a implicación de todas as persoas e entidades que contribuíron ao desenvolvemento desta segunda edición

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), vén de dar a coñecer o fallo do xurado do II Certame de Fotografía Igualdade Ribadeo: Mulleres que Inspiran, unha iniciativa que ten como obxectivo promover a reflexión e a sensibilización arredor da igualdade de xénero a través da expresión artística.

O xurado, composto por Elisa Vecino Álvarez e Cris Andina Barcia, profesionais do ámbito artístico, e Patricia Pérez López, psicóloga do CIM de Ribadeo, reuniuse o pasado 27 de febreiro para valorar as 17 obras presentadas, de acordo cos criterios establecidos nas bases do certame: calidade técnica, creatividade, mensaxe e adecuación á temática proposta.

Tras a correspondente deliberación, acordouse conceder os seguintes recoñecementos:

Categoría A (menores de idade): “A igualdade tamén se adestra”, de Ainara Vega Monteserín.

Categoría B (maiores de idade): “Matriarca”, de Carolina Bouso Díaz.

Categoría C (centros de ensino): “A miña guerreira”, de Pablo Martínez Janeiro (Colexio Sagrado Corazón de Jesús).

Dende a organización destacan a participación neste certame e agradecen a implicación de todas as persoas e entidades que contribuíron ao desenvolvemento desta segunda edición. Así mesmo, nos vindeiros días darase a coñecer o espazo no que serán expostas as 17 fotografías participantes, co obxectivo de achegar estas obras á veciñanza e seguir fomentando a igualdade a través da cultura.

Con iniciativas como esta, o Concello de Ribadeo reafirma o seu compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, empregando a arte como ferramenta de transformación social.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...