InicioOrientalRibadeoI Torneo das Catedrais de Fútbol Sala en Ribadeo o 2 de...

I Torneo das Catedrais de Fútbol Sala en Ribadeo o 2 de abril

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “serán arredor de 40 xogadores benxamíns os que participen neste I Torneo das Catedrais, como di o lema, o templo onde nacen os campións”.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 2 de abril terá lugar en Ribadeo o I Torneo das Catedrais de Fútbol Sala na categoría benxamín.

A cita, que se disputará no pavillón municipal, reunirá ao Ribadeo FS, ao Vilalba FS e ao Fonte do Rei. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “serán arredor de 40 xogadores benxamíns os que participen neste I Torneo das Catedrais, como di o lema, o templo onde nacen os campións”.

O evento está organizado polo Concello de Ribadeo, Xogade, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

O edil ribadense animou “a pasar un xoves santo diferente gozando do fútbol sala, desas futuras promesas que seguro que chegarán lonxe nun futuro próximo. Desexámoslles a que gocen do torneo e do seu paso por Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...