InicioOrientalBarreirosNenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos compartiron túnel de vestiarios cos albivermellos, seguiron o partido desde as gradas e disfrutaron duns minutos sobre o céspede do Anxo Carro ao final do encontro entre CD Lugo e Real Madrid Castilla.

Publicada o

- Advertisement -

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado no Anxo Carro, onde saíron ao céspede acompañando aos xogadores do CD Lugo.

Un acto simbólico promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o club albivermello para recoñecer a importancia das iniciativas que promoven o deporte de base e fomentan a actividade física.

O deputado de Mocidade e concelleiro de Participación e Dinamización  Cultural de Barreiros Daniel García destacou “a ilusión coa que as nenas e nenos viviron ese momento e agradeceu a colaboración da técnico de Deportes do Concello e das familias, imprescindible para este tarde e no día a día das escolas municipais, que, xunto aos clubs locais, forman unha rede de promoción do deporte e da actividade física desde a infancia”

As nenas e nenos compartiron túnel de vestiarios cos albivermellos, seguiron o partido desde as gradas e disfrutaron duns minutos sobre o céspede do Anxo Carro ao final do encontro entre CD Lugo e Real Madrid Castilla.

ÚLTIMAS