InicioOrientalRibadeoFinalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, fixo unha valoración positiva e apostou “por reflexionar de que o coidado é unha capacidade humana que temos todas e todos, homes e mulleres, non é so unha capacidade feminina”.

Publicada o

- Advertisement -

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas Profesionais nas que se deron cita entre o venres e o sábado medio cento de persoas.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, fixo unha valoración positiva e apostou “por reflexionar de que o coidado é unha capacidade humana que temos todas e todos, homes e mulleres, non é so unha capacidade feminina”. A edil ribadense dixo que “as mulleres dedícanse máis aos coidados, pero é algo cultural. A cultura pódese cambiar”.

Sanjurjo subliñou que “estaremos en igualdade de condicións cando compartamos o descanso, non cando so compartamos o traballo. Compartir os coidados, compartir os traballos fai que compartamos tamén descanso e o tempo de ocio, o benestar e a calidade de vida e iso é o que todos queremos”.

Hoxe pasaron polas Xornadas Profesionais de Corresponsablidade as activistas feministas e creadoras de contido social Towanda Rebels, que falaron de cambiar os relatos para cambiar os coidados. E houbo tamén unha mesa redonda, que contou con representantes de FAGAMOS e ACOUGO, que abordou a necesidade de coidar en común.

Begoña Sanjurjo agradece “a asistencia a estas xornadas coas que o que pretendemos é crear conciencia e que as cousas vaian cambiando ata chegar á total igualdade e corresponsabilidade nos coidados. É o que todos e todas queremos, unha sociedade xusta e igualitaria”.

ÚLTIMAS