O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño. Concretamente vamos actuar nas beirarrúas, que os veciños levan reclamando anos e anos e pedindo que foran mais accesibles. Evidentemente, temos que actuar e así facer toda unha zona mais accesible. Ten moita dificultade para moitas persoas que teñen mobilidade reducida, entón debemos actuar. Tamén vamos actuar na beirarrúa, en fronte practicamente da capela da Virxe do Camiño, para eliminar esa fochanca no que se actuou de forma provisional, pero queremos facer agora unha soleira de formigón e adecuar esa zona”.
O rexedor manifestou: “seguimos actuando e mellorando todas as nosas rúas. Pouco a pouco, evidentemente, hai que xestionar o orzamento e despois investir e mellorar zonas que teñen necesidade. Levaban moitos anos con certo abandono. E cando se abandonan beirarrúas, que son fundamentais para moitas persoas que teñen mobilidade reducida, dificúltalles moito a súa vida, entón abandónase a parte dos veciños de Ribadeo. E iso non nos vamos a facer desde o Concello deste goberno”.
Vega engadiu: “actuamos de forma paulatina, de forma que primeiro hai que xestionar o orzamento e despois investir, pero co obxectivo, claro, que Ribadeo siga avanzando e que Ribadeo teña os seus espazos ben conservados”.
