InicioOrientalRibadeoRibadeo recibe 200.000 euros para renovar a cuberta da praza de abastos

Ribadeo recibe 200.000 euros para renovar a cuberta da praza de abastos

O alcalde, Dani Vega, explicou que “a Xunta vennos de informar dunha nova subvención, neste caso 200.000 euros para renovar a cuberta da Praza de Abastos"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia concédelle ao Concello de Ribadeo unha subvención de 200.000 euros destinada á renovación da cuberta da Praza de Abastos.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “a Xunta vennos de informar dunha nova subvención, neste caso 200.000 euros para renovar a cuberta da Praza de Abastos. Todos somos conscientes de como se atopa. Evidentemente, nosoutros tivemos que facer un diagnóstico de situación da Praza de Abastos para ir investindo e mellorando toda a infraestrutura, todo o edificio”.

O rexedor declarou: “qué fixemos ata o de agora? A mellora do chan, tamén arranxamos os baños, novos enreixados para os locais, nova iluminación, rampla para persoas con mobilidade reducida, novas portas, tanto as de peche, que son de forxa, e tamén as portas eléctricas. Así como o novo stand, que está permanentemente na Praza de Abastos, para as actividades de Gastopraza”.

Vega dixo: “é dicir está moi ben mellorar o edificio, pero tamén hai que enchelo de contido e de actividades para dinamizar e así apoiar aos praceiros. Neste caso, esta subvención é fundamental, é importante. Cando fixemos o diagnóstico, xa sabíamos que había que investir e mellorar toda a cuberta. Non valía facer ningún parche para tapar algunha goteira. A cuberta está moi deteriorada, non se fixo ningún tipo de conservación e, en consecuencia, as cousas cando non se conservan, cando non hai un mantemento despois pasa o que pasa, é dicir hai que gastar ou investir moito máis. Neste caso, nosoutros tiñámolo moi claro, tamén os praceiros, que nos dixeron por activa e por pasiva que era importantísimo investir na Praza de Abastos, unha praza que ten moita vida, unha praza que debe ser referente na comarca e na provincia”.

Para Dani Vega “esta subvención foi un acerto pedila. Felicito, evidentemente, aos técnicos municipais, tanto a Carlos que redactou o proxecto, e a Silvia que solicitou a subvención, totalmente un traballo conxunto con Marta Saiz, que é a concelleira que ten nas súas responsabilidades a Praza de Abastos e, desde logo todos a unha cos praceiros para solucionar problemas. Neste caso unha gran achega da Xunta de Galicia, 200.000 euros, para investir e así mellorar a gran Praza de Abastos que temos en Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...