InicioOrientalRibadeoRibadeo retoma as charlas sobre saúde no programa 'Preto de Ti'

Ribadeo retoma as charlas sobre saúde no programa ‘Preto de Ti’

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia retoma no mes de marzo as charlas informativas sobre saúde baixo o título Colesterol e Saúde Cardiovascular, unha iniciativa enmarcada no programa municipal Preto de ti, que achega actividades e servizos ás diferentes parroquias do municipio.

As sesións desenvolveranse nas escolas das distintas parroquias nas seguintes datas e horarios:

• Vilaselán, o 10/03/26 ás 18:00h

• Ribadeo, o 11/03/26 ás 18:00h

• Cedofeita, o 12/03/26 ás 16:15h

• A Devesa, o 17/03/26 ás 10:00h

• Arante, o 17/03/26 ás 16:30h

• Cinxe, o 23/03/26 ás 16:15h

• Rinlo, o 24/03/26 ás 16:15h

A concelleira Elena Sierra explica que “durante estas charlas abordaranse cuestións fundamentais para o coidado da saúde cardiovascular, como a alimentación axeitada, os factores de risco, a importancia dos controis rutineiros, os sinais de alarma aos que debemos prestar atención e consellos prácticos para aplicar no día a día”. A enfermeira María Roel sinala que “o obxectivo é ofrecer información clara e útil que axude á veciñanza a reflexionar sobre os seus hábitos e a incorporar cambios saudables na súa vida cotiá”.

A edil de Saúde, Elena Sierra, manifesta que “é fundamental coidarse e contar con información rigorosa e accesible para poder achegar valor á nosa saúde no día a día, que é precisamente onde se empeza a previr”. Ademais, anima á veciñanza a participar nestas sesións, pensadas como espazos de encontro, aprendizaxe e resolución de dúbidas.

O Concello continúa así coa súa aposta pola promoción da saúde e pola prevención, levando recursos ás parroquias para estar, unha vez máis, preto da xente.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...