InicioOrientalRibadeoO CEIP Gregorio Sanz realiza unha xornada de portas abertas o 23...

O CEIP Gregorio Sanz realiza unha xornada de portas abertas o 23 de febreiro

A directora do centro, Miryam González, explica que “un dos aspectos nos que máis incidiremos é na comunicación fluída e constante entre toda a comunidade educativa: profesorado, familias, alumnado, ANPA e institucións"

Publicada o

- Advertisement -

O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro luns, 23 de febreiro, a partir das 16:00 horas.

A directora do centro, Miryam González, explica que “un dos aspectos nos que máis incidiremos é na comunicación fluída e constante entre toda a comunidade educativa: profesorado, familias, alumnado, ANPA e institucións. Consideramos que unha relación baseada na confianza, no diálogo e na colaboración é fundamental para o benestar do alumnado e para construír un proxecto educativo sólido e compartido”.

As familias que se acheguen ese día ao colexio poderán coñecer de preto a oferta educativa, as instalacións, o funcionamento diario do centro e os numerosos programas e proxectos de innovación nos que participa. Entre eles destacan PROA+, Plan Proxecta+ (Nutriescolas e Paisaxe e Sustentabilidade), os Proxectos de Inclusión Educativa (PIE) e INNOVA-LAB, a través de iniciativas como Leo-Lab e Art-Lab, así como Digicraft, PLAMBE, E-Dixgal, Plan Dixital, Bibliotecas Creativas, Bibliotecas Escolares Solidarias, Voz Natura, FOGGA, Eduemprende, Plan Director, Educación Responsable e diversos proxectos colaborativos e solidarios.

O CEIP Gregorio Sanz é tamén centro de referencia en Polos Creativos e participa no programa KiVa, xunto cos outros centros da vila, unha iniciativa contra o acoso escolar promovida polo Concello de Ribadeo.

Como centro plurilingüe de Educación Infantil e Primaria, conta cunha auxiliar de conversa, que reforza o uso das linguas estranxeiras na aula e contribúe a unha aprendizaxe máis natural e comunicativa.

O centro aposta de maneira decidida por metodoloxías activas e inclusivas, entre as que destacan:

-Patios vivos, dinámicos e inclusivos, que teñen en conta a diversidade de todo o alumnado.

-Aprender programando e xogando, mediante ferramentas como Makey Makey, Photon, Matatalab ou Intelino.

-STEAM en acción, con robótica educativa (VinciBot), e-textiles e uso de plotter.

-Metodoloxías inclusivas como Snoezelen, orientadas ao benestar emocional e atención á diversidade.

-Programa de Educación Responsable, centrado no desenvolvemento afectivo, emocional e social do alumnado.

O prazo de matrícula para o curso 2026–2027 estará aberto do 1 ao 20 de marzo, “e a xornada de portas abertas será unha excelente oportunidade para que as familias coñezan un centro comprometido coa educación pública, inclusiva, innovadora e aberta á comunidade”, engade a directora do Ceip Gregorio Sanz.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...