InicioOrientalRibadeoRibadeo inviste case 400.000 euros nas obras de mellora nas estradas de...

Ribadeo inviste case 400.000 euros nas obras de mellora nas estradas de catro parroquias

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando as nosas vías de comunicación, neste caso cun orzamento da Deputación, do Plan Único, que son 372.000 euros, que vai mellorar as nosas infraestruturas, concretamente na Devesa, en Vilaframil, Piñeira, en Ove no barrio de Santa Cruz, e en Couxela”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo mellorará varias estradas nas parroquias da Devesa, Vilaframil, Piñeira, Ove e Couxela. Será con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo, O investimento ascenderá a 372.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando as nosas vías de comunicación, neste caso cun orzamento da Deputación, do Plan Único, que son 372.000 euros, que vai mellorar as nosas infraestruturas, concretamente na Devesa, en Vilaframil, Piñeira, en Ove no barrio de Santa Cruz, e en Couxela”.

O rexedor explicou que “a maiores de renovar o que ven sendo o pavimento, tamén lle estamos dando máis ancho, ten agora entre 3,20 e 3,60 de ancho e pasarán a ter como mínimo 4,50 de ancho. Tamén estamos a facer unha renovación en varios puntos, concretamente na Devesa, da traída da auga e tamén da recollida de todas as augas pluviais que estaban completamente destrozada e non había nin cunetas. Creo que a boa saúde das nosas vías de comunicación tamén é recoller as augas e neste caso vai todo entubado e ganaremos máis espazo en puntos nos que hai moi pouco ancho na estrada”.

Vega subliñou: “estamos a facer as cosas con moito sentido, en colaboración coas asociacións de veciños, estamos mellorando a pasos axigantados as nosas vías de comunicación. Repito son 370.000 euros que estamos actuando e mellorando. Por exemplo, en Vilaframil estamos actuando no barrio da Madanela, onde tamén colaboramos coa asociación e escoitamos que había unha preocupación neste barrio, dado que a zona do río estaba toda derrubada e iso tiña consecuencias na estrada. Todo o barrio será renovado, será mellorado. Estamos tamén poñendo muro de contención a ese río para que non deteriore a vía de comunicación principal. E no barrio de Santa Cruz tamén vamos actuar renovando todo e actuando en consecuencia, dado que leva moitos ano abandonado ou tamén en Couxela”.

Dani Vega engadiu: “actuamos en moitas das parroquias e xa estamos preparando o novo Plan Único que vamos explicar en breve e tamén vamos actuar en moitas parroquias que teñen demandas e problemas, porque creo que hai que investir para mellorar as nosas vías de comunicación. Evidentemente, non se pode resolver todo en 2 anos, pero si que hai que levar unha planificación, en contacto continuo coas asociacións, escoitar onde eles pensan que é mellor investir para solucionar os problemas e seguir xestionando orzamento, non soamente da Deputación, senón tamén da Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...