InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

O sorteo, non presencial, tivo lugar esta tarde nas instalacións de Acisa Ribadeo, onde xa foron entregados os premios aos gañadores

Publicada o

- Advertisement -

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín.

Roberto Rivas, de Ribadeo, é o gañador da estancia dunha noite no Hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, e visita a Bodegas Docampo. A súa papeleta foille entregada en Ribamueble.

Marisa Leirado, de Foz, é a gañadora da experiencia romántica a elixir entre 750 posibles destinos. A papeleta afortunada recibiuna por unha compra realizada en Dándara.

O sorteo, non presencial, tivo lugar esta tarde nas instalacións de Acisa Ribadeo, onde xa foron entregados os premios aos gañadores. No acto participaron a presidenta e o xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que agradecen “a fidelidade no comercio local ribadense unha vez máis”. A campaña de San Valentín, na que se repartiron 10.000 papeletas, tivo lugar entre o 5 e o 15 de febreiro nos comercios asociados a Acisa.

Xornadas Gastronómicas do Antroido

Ata o 22 de febreiro seguen as Xornadas Gastronómicas do Antroido, que un ano máis organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa). Na cita están a participar 11 establecementos hostaleiros: La Solana, Barallocas, Ramonita, Aware Café, O Furancho no Camiño, Los Dulces de Delphine, El Huerto, A Mirandilla, Bar La Estación, Mar de Rinlo e Marinero, que ofrecen tapas, racións e preparacións típicas da gastronomía do Antroido. Todas as elaboracións poden consultarse nas redes sociais de Acisa.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...