InicioOrientalRibadeoRibadeo iniciará a recollida de plásticos agrícolas a partir do 3 de...

Ribadeo iniciará a recollida de plásticos agrícolas a partir do 3 de marzo

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 3 de marzo dará comezo unha nova recollida porta a porta dos plásticos agrícolas en Ribadeo.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego dos Santos, explicou que “o 3 de marzo comezará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas (servizo contratado polo Concello de Ribadeo á empresa ASCAN SERVICIOS URBANOS, S.L.). Esta recollida vaise prolongar durante os días que sexan necesarios para atender todos os avisos de recollida recibidos en tempo e forma”.

O edil ribadense indicou que “para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, todas as explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e solicitarano a través do teléfono do Punto Limpo municipal, 664 00 09 32, dentro do seu horario, que é de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 18:30 horas e os sábados de 9 a 13 horas. Poden facelo ata o 28 de febreiro”.

Dos Santos engadiu que “dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo agradeceríamos a máxima colaboración posible con este servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida”.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...