InicioOrientalRibadeoRibadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios ...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

Todo está listo en Ribadeo para a celebración do Antroido 2026. O groso do programa desenvolverase entre o 14 e 21 de febreiro.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o cartel e o programa do Antroido 2026 en Ribadeo. Aínda que o groso do programa terá lugar entre o 14 e o 21 de febreiro xa este sábado e este domingo teremos fereixós na Sala do Campo de 11 a 14 horas”.

A edil ribadense indica que “o día 14 teremos a Gala Tu cara me suena con amor, na que se renderá homenaxe aos 40 anos da charanga A Choca. Será a partir das 21:00 horas no Cine Teatro. O domingo 15 sairá o cocho acompañado polas charangas locais Aturuxo e A Choca, esa xornada haberá tamén fereixós e baile infantil na sala Rosalar”.

Saiz segue a relatar que “o luns 16 haberá cocido do Antroido nunha carpa instalada no Parque de San Francisco, organizado pola Comisión de Festas. O martes 17, festivo local, terá lugar o tradicional desfile de Antroido no que se repartirán máis de 6.000 euros premios. As bases poden consultarse na web do Concello de Ribadeo. E o día 21 procederemos, como marca a tradición, á Queima do Antroido, se o tempo o permite”.

E engadiu: “agradecer á Comisión de Carnaval de Ribadeo, á Comisión de Festas, a Gráficas Iriarte e a todas as persoas que traballan voluntariamente para que isto poida facerse realidade e por suposto a todas as empresas patrocinadoras dos premios do desfile e tamén a Gadis, Hiper Eroski, Panificadora del Eo e Panadería Paleo pola súa colaboración na festa do fereixó”.

O Salón dos Alcaldes acolleu a presentación do Antroido 2026, que contou coa asistencia da Comisión de Carnaval e das concelleiras Begoña Sanjurjo e Marta Saiz.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...