Ribadeo acollerá este sábado, 7 de febreiro, unha velada de boxeo: RibadeoBox I. Será no pavillón municipal a partires das 19:00 horas.
Segundo explican desde a organización “haberá combate profesional (6 asaltos de 3 minutos), 6 combates amateur, o trofeo RibadeoBox e grandes lendas convidadas do boxeo: Nino, Javier Castillejos, Rigo Álvarez (adestrador de Canelo Álvarez), Alfredo Evangelista e Berdonce”.
O prezo das entradas será de 15 euros para as cadeiras, 12 euros para as gradas e Vip 150 euros (por mesa e cinco cadeiras). As entradas están á venda en Origen, El Cortello e Hotel Bouza.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “os amantes do boxeo teñen unha cita con esta disciplina deportiva este sábado en Ribadeo cunha velada na que haberá combates profesionais e amateurs”.
O evento está organizado polo club BKC Planas Box co apoio do Concello de Ribadeo, Xunta de Galicia e Deporte Galego.
