InicioOrientalRibadeoRibadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, espuxo estas e outras demandas á subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López

Publicada o

- Advertisement -

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha vez máis o segundo acceso a Ribadeo desde a A-8 e o acendido da iluminación das rotondas. Así llo expuxo o alcalde, Dani Vega, á subdelegada do Goberno, Olimpia López, que hoxe presidiron no Concello a xunta local de seguridade.

O rexedor contou que “recibimos á subdelegada do Goberno do Estado aquí en Ribadeo, unha visita que entendemos que é positiva para abordar varios asuntos. Xa tivemos, eu persoalmente, conversacións con ela para reivindicar vellas demandas, como pode ser o segundo acceso da autovía A-8 a Ribadeo, tamén dunha vez por todas investir nun acceso directo dende a estrada de Vilela á variante e tamén acender e iluminar zonas nas que nosoutros entendemos que hai varios problemas: as rotondas do acceso da A-8 a Ribadeo, a do polígono e a da variante. Está todo apagado e iso non pode seguir así. Baixo os parámetros de seguridade reivindicamos que se ilumine para garantir a seguridade”.

Vega seguiu a relatar que “tamén reivindicamos unha inversión importante para arranxar e mellorar toda a pasarela do Ponte do Santos. Está causando varios problemas e non pode seguir así. Ademais reclamamos melloras na estrada nacional que ven de Vegadeo a Ribadeo, non entendemos como non se inviste cando en Asturias si que se tomou a decisión de actuar e aquí tamén a reivindicamos porque é fundamental que as vías de comunicación se atopen nun bo estado e polo tanto reivindicamos que se actúe. Tamén pedimos que se nos permita facer o mantemento das rotondas de entrada a Ribadeo e incluso darlles unha modernización, unha mellora a estas rotondas, humanizándoas tanto a da Vilavella como as dúas que están en Vilaselán”.

E engadiu: “por último pedimos que se axilicen todos os expedientes, os informes que necesitamos para facer melloras, para facer inversións, necesitamos eses informes sectoriais, que se axilicen, que sexan rápidos. A subdelegada tomou nota de todas estas reivindicacións, entendo que se vai facer esa xestión e que en breves días se nos responda positivamente, xa que son reivindicacións moi serias, moi concretas e todas de importancia”.

O alcalde de Ribadeo agradeceu “a visita e o bo clima que hai entre as dúas administracións. Nesta liña imos seguir sempre reivindicando, con respecto institucional evidentemente, pero sendo esixentes para que veña inversión e tamén melloras administrativas para Ribadeo”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...